CRTVG

Buscar

Xudicializados 125 décimos da Lotaría do Neno que non chegaron ao comprador

Publicado o 31/12/2020 18:07

Rocambolesca historia a dos 125 décimos de lotaría do Neno que un bar de Ponteareas adquiriu en Valladolid e que remataron nunha administración de Monforte. Vénderonse 46 na localidade luguesa. O responsable do bar de Ponteareas considera que houbo mala fe e varios delitos, por iso denunciou o responsable da administración número catro de Monforte diante da Garda Civil e da Fiscalía; os décimos xa están anulados.

Este é o número da polémica: o dezaoito mil cincocentos cincuenta e un. Miguel do As de Pikas de Ponteareas, adquiriu 125 décimos en Valladolid que acabaron nesta administración de Monforte por un erro de Correos. José Antonio vendeu 46 e enviou a Ponteareas o resto cando se decatou de que non eran seus.

Non o ten tan claro o responsable do bar de Ponteareas que tiña encargados os décimos, considera que houbo mala fe e varios delitos, por iso denunciou o loteiro lugués na fiscalía e na Garda Civil e quere compensacións polos danos sufridos.

Agora os décimos xa foron anulados e ningún deles poderá xogar este número á falta de acordo. Decidirán os tribunais.

Noticias web

31/12/2020