Xosé Sánchez Bugallo: "Faltaba xestión, proxecto e compromiso"
Publicado o 28/05/2019 12:18
Entrevista con Xosé Sánchez Bugallo. En Santiago, os socialistas gañaron as eleccións ao pasar de catro a dez edís, unha remonta considerable lograda á conta da forte caída de Compostela Aberta, que perdeu a metade dos seus representantes.
Xosé Sánchez Bugallo regresa á alcaldía oito anos despois de abandonala. Hoxe comparecía ante a prensa canso pero contento.
"Estou baixando un pouco da nube", dixo.
Vai precisar apoios para a investidura, polo que iniciará axiña os contactos cos outros grupos.
"Tampouco é que teñamos unha decisión totalmente tomada. Queremos gobernar en solitario? Pois non é exactamente iso", declarou o candidato socialista á alcaldía.