CRTVG

Buscar

Xosé López Orozco: "O caso Garañón truncou a carreira política de Gómez Besteiro"

Publicado o 08/02/2021 10:57

A semana pasada, a Audiencia de Lugo arquivou o caso Garañón. Deste xeito, exonera de responsabilidades a Xosé Ramón Gómez Besteiro, daquela máximo responsable dos socialistas galegos e candidato á Xunta nas eleccións de 2016, e o que fora alcalde de Lugo Xosé López Orozco. Ambos deixaron a política.

No caso de López Orozco, con este arquivamento,  xa son oito, as desimputacións. 

Un dos parágrafos que se poden ler no auto da Audiencia Provincial é que a xuíza De Lara montou un caso sobre sospeitas vas. Di textualmente: "Ningunha imputación pode basearse en sospeitas tan vas". Agora xa está fóra da política. 

Orozco afirmou que o chamou Gonzalo Caballero, ao igual que multitude de compañeiros, para amosarlle o seu aprecio e cariño. Di que non sentiu o silencio do partido.

Para o Congreso do PSdeG, que podería ter luga en outubro,  Orozco destacou que non sabe quen se postula. Dixo que Gonzalo Caballero amosou a súa intención de presentarse e descoñece se Gómez Besteiro o vai facer.

Agora a xuíza Pilar De Lara está no xulgado número 8 de Ponferrada, unha vez cumprida a sanción de sete meses e un día imposta polo CXPX. 

López Orozco manifestou que leva unha vida de xubilado activo, pero que non vai volver á vida política de primeira fila.

 

Noticias web

08/02/2021