CRTVG

Buscar

Xosé González anuncia a chegada da UME a Vilariño: "O máis importante é protexer as aldeas"

Publicado o 15/09/2020 00:01

O conselleiro de Medio Rural, Xosé González, desprazouse a Vilariño de Conso para coñecer a evolución deste incendio tras a declaración do nivel 2 de alerta pola proximidade das lapas ás casas. "O máis importante é protexer as aldeas", salientou González, quen avanzou que a UME tamén se vai incorporar ás tarefas de extinción. 

González explicou que os labores dos medios aéreos se viron complicados polo fume e a néboa. Coa caída da noite, hai certa calma, e os medios terrestres están perimetrando os incendios. 

"Eu vivín ter as lapas preto da miña casa. Todos estamos traballando para facelo o mellor posible. Estamos buscando que se produzan os menos danos posible, asegurando a xente que vive nas aldeas. Temos que seguir loitando contra os incendiarios, que ocasionaron os lumes pola noite e dificultaron a extinción", explicou González, quen pediu a colaboración para acabar coa lacra dos incendarios. "Calqueda dato pode ser importante para a investigación", indicou o conselleiro de Medio Rural. "Aqueles cuxa responsabilidade consigamos demostrar terán que responder co seu pratimonio, polo dano medioambiental e os custos que xeras a loita contra o lume", asegurou. 

Noticias web

15/09/2020