Xosé Ballesteros: "Os libros tamén curan"
Publicado o 01/04/2020 10:21
Os libros son un dos mellores recursos para pasar o confinamento. As editoriais e bibliotecas multiplicaron os recursos en liña estes días. Porén o sector está a acusar fortemente esta situación. Malia que lemos máis, as librarías están pechadas.
Xosé Ballesteros é o presidente da Asociación Galega de Editores: "Cando non queda nada, queda a cultura. Os libros son unha parte esencial das nosas vidas. Os libros tamén curan, nestes días sobre todo".
"No sector estámolo levando con moita preocupación e con moita expectación, porque é verdade que esta é unha situación excepcional. As editoras estamos peocupadas. Agora temos que pensar como defender todos os postos de traballo".