CRTVG

Buscar

Xosé Asorey, o afeccionado máis veterano do Obradoiro, acaba de facer 100 anos

Publicado o 10/12/2020 13:34

Cousas da vida, Xosé Asorey, o señor José, fixo nada menos que cen anos nunha temporada histórica para o Obradoiro, a das súas bodas de ouro. Dous aniversarios que non imaxinaba que chegaría a celebrar.

O mel é o segredo da lonxevidade do gardián do vello Sar. Un home que fixo de todo para axudar o Obradoiro, ata que se xubilou, con 67 anos. 

A pesar dos anos, lembra ben os seus xogadores favoritos como Aldrey ou Tonecho.

Nunca presenciou un partido do novo Obradoiro na ACB, o balbordo do Sar é excesivo para el.

Noticias web

10/12/2020