CRTVG

Buscar

Maduro expulsa o xornalista de Univisión que o entrevistou

Publicado o 26/02/2019 19:13

O presidente López Obrador ofrece México como sede dunha hipotética mesa de diálogo sobre Venezuela. O mandatario mantén a súa neutralidade no conflito venezolano e pide que se abra un diálogo entre as partes para chegar, di, a unha solución pacífica.

López Obrador fixo estas declaracións tras coñecer a detención en Venezuela do xornalista mexicano Jorge Ramos e do equipo de Univisión, que permaneceron varias horas retidos despois de facerlle unha entrevista que desgustou a Maduro. A primeira hora da tarde foron liberados e expulsados do país despois de confiscarlles a gravación.

 

Noticias web

26/02/2019