CRTVG

Buscar

Xornada redonda para Cabo cun quinto posto na ACT e título feminino

Publicado o 24/07/2021 20:34

Os galegos da ACT tiveron unha xornada de duelos da que saíron vitoriosos. Na pelexa entre Cabo e Urdaibai pola quinta posición os do Barbanza acadaron o mellor resultado da temporada. Ares tivo que loitar con Lekeitio ata a última pada. Tamén saiu gañador e afasta en sete puntos os postos de play off. Unha posición na que se mantén Tirán, que cando menos lle gañou a Zarautz o seu duelo por evitar o último posto da regata. Onde non houbo tanta emoción foi na pelexa pola bandeira. Paseo triunfal de Hondarribia que nunha semana levou o Campionato de Euskadi, gañou a regata de Castro e achégase a só catro puntos de Santurtzi, o líder da liga.

Na Liga Galega Bueu quería poñerlle as cousas difíciles a Samertolameu na regata da casa pero os de Meira botaron man de todo o seu potencial e levaron un triunfo que os mantén á fronte da clasificación.

En Bueu tamén se disputou o campionato galego feminino no que dominou desde o principio ata o final Cabo da Cruz.

Noticias web

24/07/2021