CRTVG

Buscar

Un día de primavera invita aos pequenos a gozar da neve no Cebreiro

Publicado o 07/04/2019 15:22

Non só en Manzaneda. Tamén no Cebreiro a neve volve atraer centos de persoas. A mañá, sen precipitacións e cos ceos despexados por momentos, invitou a deixarse esvarar en zorra e a facer bonecos. 

A montaña de Lugo segue cuberta de branco, o que a converte en lugar ideal para todos os que buscan gozar dela.

No Cebreiro, os nenos son os que máis gozan deste manto branco, pero os maiores tampouco se poden resistir a probar as súas habilidades na neve.

A pesar de estar xa en primavera, nesta zona da montaña de Lugo é do máis común que haxa neve a estas alturas.

As máquinas quitaneves están alerta por se tivesen que actuar, pero todo apunta a que non haberá máis precipitacións. O día invita a gozar da neve.

Unha neve que pode que sexa a última do ano ata que volva o inverno.

Noticias web

07/04/2019