Xornada internacional en Sober sobre a importancia do cultivo en socalcos
Publicado o 16/11/2019 21:35
A singularidade da paisaxe da Ribeira Sacra, formada polo cultivo en socalcos para aproveitar o terreo regado polos ríos Miño e Sil, non é un patrimonio exclusivo desta zona. Tamén noutras latitudes, como nas Baleares ou nas Canarias, é a fórmula para sacar adiante outros cultivos. Coinciden á hora de reivindicar a súa importancia.
Son algunhas das conclusións dunha xornada internacional que ten o seu epicentro en Sober, en plena Ribeira Sacra.
Na clausura, o conselleiro do Medio Rural lembrou que a Xunta ten en marcha varias iniciativas para pór en valor este tipo de cultivos, de cara á súa recuperación e para promocionar a súa calidade.