CRTVG

Buscar

O Pazo dos Deportes de Ourense, novo recinto para a vacinación masiva na cidade

Publicado o 03/06/2021 15:11

O recinto habitual de vacinación de Expourense recupera estes días a súa actividade feiral, así que os equipos  trasládanse temporalmente ao Pazo dos Deportes Paco Paz. A previsión é que pasen máis de de 15.000 persoas esta semana.

As citas de hoxe, máis de 2.600, centráronse en poñer a segunda dose de Pfizer ao grupo de entre 50 e 59 anos. Súmanse ás máis de 721.000 persoas coa pauta completa en Galicia.

A vacinación vai a bo ritmo, e contan abrir un novo grupo para a semana que vén.

"Esperamos completar a primeira dose en todo o grupo de 50 a 59 esta semana", afirma Verónica Cibeira, coordinadora de equipos da vacinación na área sanitaria de Ourense.

A previsión é empezar cos de 40 a 49 a principios da semana que vén. Coas máis de duascentas mil vacinas desta semana, Galicia superará xa os dous millóns de doses administradas.

Noticias web

03/06/2021