CRTVG

Buscar

Xornada de segundas doses da vacina nas áreas sanitarias de Santiago e de Ourense

Publicado o 12/06/2021 14:56

Milleiros de persoas completan nesta xornada a pauta de vacinación. É, por tanto, día de segundas doses na área sanitaria de Santiago e na de Ourense.
Na Cidade da Cultura esta mañá estaban citadas unhas 3.500 persoas de entre 55 e 59 anos que recibían a segunda dose de Pfizer.

Tamen aquí é día de repesca, citáronse unhas 300 persoas que non puideron acudir no seu momento a recibir a segunda dose de Pfizer.
Pola tarde hai segundas doses dos menores de 60 anos que recibiron Astrazeneca na primeira. Son uns 2.000. Cun consentimento informado teñen que elixir entre repetir con AstraZeneca ou escoller Pfizer.
A estimación é de 90% AstraZeneca, 10% Pfizer.
O mesmo acontece en Ourense, administran a segunda dose a máis de 3.500 persoas de 50 a 55 anos. A maioría está a repetir con AstraZeneca.
A semana próxima comezarana con repescas e continuarán con segundas doses.
Retomarán a administración de primeiras doses en Ourense o xoves vindeiro.

Noticias web

12/06/2021