Madrid reflexiona antes de elixir novo goberno nunha xornada de votación atípica
Publicado o 03/05/2021 15:24
Madrid vive a xornada de reflexión das eleccións autonómicas que se celebran mañá, con varias peculiaridades: unha xornada electoral que se celebra nun día laborable e en plena pandemia.
No centro de control de datos incorporaron un robot chamado Sofía que está deseñado para informar sobre a evolución da xornada. É a primeira vez que se incorpora a intelixencia artifical.
O voto por correo aumentou case un 43 % respecto ás últimas eleccións. A Comunidade de Madrid deseñou un protocolo sanitario para aplicar nos máis de mil locais de votacións.