CRTVG

Buscar

Xornada de reflexión en Galicia antes das eleccións municipais e europeas

Publicado o 25/05/2019 15:12

Tras unha intensa campaña electoral, hoxe toca xornada de reflexión. Políticos e candidatos galegos pasarán este día rodeados de familia e amigos. Mañá en Galicia elíxense os representantes municipais de 313 concellos. Están chamados a votar preto de 2 millóns 250 mil persoas.

A cita electoral para renovar os concellos celébrase de maneira simultánea aos comicios ao Parlamento europeo. Tamén se celebran eleccións autonómicas en doce comunidades.

Noticias web

25/05/2019