Xornada de portas abertas na ruta da denominación de orixe Valdeorras
Publicado o 10/10/2021 20:53
Comezou a décima edición das Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, con visitas guiadas por cada unha das cinco denominacións de orixe galegas. Hoxe coñecemos a Ruta do Viño de Valdeorras.
Sole encárgase de contar a historia da denominación. Fala das orixes, da recuperación nos anos 70 da variedade autóctona godello, da formación das cooperativas, a evolución das adegas ou das súas características covas. O percorrido remata cunha cata para descubrir as súas expresións aromáticas e o seu sabor.
Ao longo deste mes de outubro cada fin de semana haberá visitas guiadas de balde nas cinco denominacións de orixe galegas. A próxima será na Ribeira Sacra.