Xornada de folga nos servizos de limpeza da provincia da Coruña
Publicado o 22/04/2021 16:33
As tres grandes centrais sindicais, CC OO, UXT e a CIG, convocaron unha xornada de folga nos servizos de limpeza de edificios e locais na provincia da Coruña.
Reclaman melloras laborais e salariais dentro da negociación do convenio colectivo que manteñen aberta coa patronal. Din que se nega a asumir calquera tipo de mellora, malia o aumento da carga de traballo que tiveron que asumir as traballadoras por mor da pandemia.
Se non hai avances, hai convocadas dúas novas xornadas de paro para o mes de maio.