CRTVG

Buscar

Xornada de divertimento na última nevarada deste ano, en plena primavera

Publicado o 07/04/2019 21:16

A neve ofrece a súa mellor cara, logo dos problemas ocasionados nas estradas ourensás a xornada anterior.
As folerpas caídas permitiron abrir a estación de Manzaneda, toda unha tentación para os amantes dos deportes de neve.

Na provincia de Lugo, a neve é sinónimo de divertimento. De novo O Cebreiro converteuse en parque de atraccións para demostrar as habilidades facendo bonecos de neve ou desprazándose en zorra.

Podería ser a última nevarada do ano, dado que xa estamos en primavera. Non obstante, na montaña de Lugo é bastante frecuente.

Os rapaces son os que máis partido lle sacan a este manto branco.

O frío que acompaña estas imaxes continuará algúns días máis, pero todo apunta a que esta é a última nevarada do ano.
 

Noticias web

07/04/2019