Xornada da gastronomía da lusofonía no IES Sanxillao de Lugo
A Escola de Hostalaría do IES Sanxillao de Lugo está a celebrar hoxe as segundas xornadas gastronómicas da lusofonía, unha oportunidade para probar pratos típicos de Mozambique, Guinea-Bissau ou Timor leste, por exemplo.
Todos están preparados polos alumnos de segundo curso de Dirección de Cociña.
Cada alumno está preparando unha receita diferente dun país lusófono distinto.
Varían as técnicas de cociña e tamén os ingredientes.
Esta é a segunda edición das xornadas, un xeito de festexar.
O comedor está preparado por mesas organizadas por zonas lusófonas: Portugal e A Madeira ou Timor-leste, por exemplo. E tras o xantar non pode faltar a sobremesa.
Como remate, o convite a acudir a estas xornadas, senón pode ser para a segunda edición, a porta queda aberta para a terceira.