CRTVG

Buscar

Un taxista de Noia reivéntase para afrontar a crise dobrando a frota e facendo sorteos

Publicado o 26/08/2020 21:21

A grandes males, grandes remedios. Con esa determinación reflexionou este taxista de Noia, quen para facerlle fronte a caída dun 45% na facturación por mor da pandemia, non se se veu abaixo, senón que decidiu dobrar a frota. Tiña un vehículo e mercou outro.

José Antonio Moledo, taxista emprendendor: "Decidín investir os aforros de dez anos de traballo en adquirir un coche mais grande, para relanzar o negocio".

Coa afouteza que só alcanzan os emprendedores de berce que loitan por sacar adiante o negocio, ademais de incorporar as últimas tecnoloxías, decidiu apostar polos xogos de azar nas redes sociais para afianzar a clientela e, de paso, dinamizar a economía local.

José Antono Moledo, taxista emprendendor: "Sorteamos ceas e estancias en aloxamentos entre os clientes, para axudar a aqueles negocios que colaboran con nós dándonos viaxes".

Adaptou os vehículos co propósito de ampliar o sevizo, como o transporte de nenos, para o que se require un permiso especial. Nestes tempos de covid-19, o rigor na hixiene é marca distintiva de calidade.

José Antonio Moledo, taxista emprendendor: "Desinfectamos o habitáculo cada vez que baixa un cliente, ter todo limpo é moi importante".

Enxeño, decisión e iniciativas innovadoras. Todo para lograr que o sector do transporte privado de viaxeiros recupere a marcha e vaia sobre rodas.

Noticias web

26/08/2020