CRTVG

Buscar

Éxito do portal educativo sen ánimo de lucro "Aulas Galegas"

Publicado o 18/04/2020 21:35

Máis de duascentas profesoras e profesores colaboran no portal educativo sen ánimo de lucro Aulas Galegas. Naceu co obxectivo de poñer a disposición das familias, docentes e alumnado todo tipo de recursos na nosa lingua durante o confinamento. E só nos primeiros quince días sumou 90.000 visitas. Os contidos que están a acadar máis éxito son os interdisciplinares.

"Nestes momentos somos máis de 200 profesores colaborando e o portal alberga recursos clasificados por materia e por niveis educativos. Dende o principio tivemos moito interese en que fose un portal interdisciplinar. Así, por exemplo, na categoría Outras Olladas albergamos recursos de atención á diversidade, de atención aos nosos maiores ou xogos en familia. En Mares de Cultura sumamos todas as propostas que nos chegan dende a cultura galega: contos diarios, cancións, curtas e documentais", explica Susana Vázquez Martínez, profesora impulsora do portal Aulas Galegas.

"O máis maravilloso deste traballo é que por primeira vez o profesorado galego estamos compartindo entre distintas áreas, niveis e materias", conclúe.

Noticias web

18/04/2020