CRTVG

Buscar

"Xireime e vin o carriño cara abaixo, vinlle as perniñas do bebé e xa nin o pensei"

Publicado o 15/09/2021 16:11

Todo sucedeu moi rápido. A avoa do bebé entrou na farmacia. O dispositivo de freo quedou mal trabado e o carro precipitouse costa abaixo. Menos mal que había uns anxos da garda ás portas do cuartel.

"O rapaz dixo, aí vai un carro, acto seguido xireime e vin o carro discorrer cara abaixo, vinlle as perniñas do bebé e xa nin o pensei é saín a correr, collín así 40 metros cara abaixo polo medio dos coches estes, que eu nin vin os coches ao ser esa situación de tanto estrés e tan rápido, eu unicamente pensaba no carro e ao chegar aquí abaixo, aí adiante, xa detiven o carro e xa viñeron as dúas persoas a axudarme e entregámoslle á súa avoa, o neno", narra Primitivo Aliste, comandante do posto da Garda Civil de Rianxo. Mentres o axente baixaba, outra veciña subía, tamén ás carreiras intentado alcanzar o carriño.

"O carro baixou da beirarrúa pola rampla cara a min e empecei a correr rapidamente e gritei 'collede o carro', pero non vía ninguén, seguín correndo e xa vexo un garda civil que vén correndo. O carro tocou coa roda no borde e envorcou. Veu o garda civil e levantou o carriño e o neno estaba ben", apunta unha veciña.

O axente, asombrado pola repercusión mediática do suceso, quere compartir o protagonismo cos rapaces cos que estaba ás portas do cuartel, que foron os que alertaron do suceso.

Noticias web

15/09/2021