CRTVG

Buscar

Xibraltar, libre de covid, recupera a vida previa á pandemia

Publicado o 12/04/2021 16:22
Xibraltar, libre de covid, recupera a vida previa á pandemia

A vacinación masiva foi clave para facer realidade o día de hoxe en Xibraltar. A colonia está libre de covid por primeira vez en 9 meses, así que a Rocha recupera practicamente a vida anterior á pandemia.

Se a finais de marzo levantou o toque de recollida e deixou de ser obrigatorio o uso da máscara na rúa, desde este luns non haberá límite de ocupación nos bares e restaurantes da Rocha.

Tampouco as persoas vacinadas e identificadas como contacto dun positivo terán que autoillarse, ao considerarse contactos casuais.

Noticias web

12/04/2021