CRTVG

Buscar

Xela Arias: un universo de ideas e palabras

Publicado o 17/05/2021 12:30

O seu dominio do idioma está extraordinario. Atesourouno en Sarria no seo dunha familia comprometida coa lingua e coa cultura galegas onde nacera no ano 61.

Cando seu pai, Valentín, se traslada a Vigo, explora novos horizontes. Xela Arias xa era unha pequena escritora que levou o premio ao facho por un conto. Pero vai ser na adolescencia rebelde e roqueira cando empeza a construír o seu primero libro: 'Denuncia do equilibrio'. Publícao cando xa estaba traballando en edicións Xerais.

Herda de seu pai a profesión de tradutora, e verterá ao galego a Joyce, o 'Drácula', ou Camilo Castelo Branco.

No seu segundo libro, 'Tigres coma cabalos', indaga nas relacións entre a súa poesía e as fotografías do que sería o seu home, Xulio Gil.

Co nacemento do seu fillo aluma outro libro, 'Darío a diario'. De novo fala da maternidade dende unha perspectiva única.

Foi unha escritora comprometida cos movementos sociais como Nunca máis ou Non á guerra. Nese ano 1993 publicou o seu último libro, 'Intempériome'.

Ese mesmo ano, en novembro, morre, aos 41 anos, deixándonos un universo de ideas e palabras.

 

Noticias web

17/05/2021