Xavier Madriñán debulla a influencia do modelo irlandés no galeguismo
Publicado o 05/10/2021 15:03
Camiñando pola zona vella de Santiago, entre edificios históricos pasa inadvertido un inmoble cunha placa co seguinte nome: Colexio dos irlandeses.
Para o historiador Xavier Madriñán, esta é só unha anécdota. No seu último libro analiza polo miúdo a relación entre Galicia e Irlanda e como no século XIX o galeguismo nacente pon o seu referente simbólico naquela illa ao norte mar por medio.
Irlanda foi, pois, para o galeguismo o espello onde mirarse, e así seguiu sendo no século XX.
Irlanda e Galicia, unha relación de irmandade que entronca coa mitoloxía, coas antigas lendas que nos falan de como o neto de Breogán alcanzaba xa a ver as costas irlandesas dende a chamada cidade de Brigantia.