CRTVG

Buscar

Xavi Roca e Salva Arco saben o que é gañarlle co Breo ao Real Madrid

Publicado o 16/10/2021 14:22

Xavi Roca e Salva Arco coinciden nun montón de cousas. Os dous son cataláns, xogaron no Breogán, quedaron vivir en Lugo e saben o que é gañarlle o Real Madrid. Xavi Roca, por exemplo, participou da primeira vitoria en xaneiro do 91 anotando quince puntos. Mentres que Salva Arco, con trece, foi chave no útimo triunfo en decembro de 2018. Ambos encontráronse no Pazo para compartir as súas experiencias.

Xavi Roca, ex xogador do Breogán 1990-92: "O que máis lembro é o pavillón cheo a tope, estaba a xente ata nas bancadas, que se pasa algo non saberíamos como saír. Eu non sei se o Madrid viña pensando é o Breogán e imos gañar fácil e como xogan estes equipos que saen máis relaxados e cando queren reaccionar xa é tarde porque ti estás moi subidito".

 Salva Arco, ex xogador do Breogán 2016-21: "Viñamos dunha racha moi mala, creo que só gañaramos un partido dos seis primeiros, viña o Real Madrid a casa, que non sei se estaba invicto ou só perdera un partido e para nós era un partido moi complicado, non tiñamos nada que perder, incluso durante o partido, creo que chegamos ter máxima de case vinte puntos, é certo que eles xogaron entre semana".

Tanto Salva coma Xavi agardan agora que se repita a sorpresa.

Noticias web

16/10/2021