CRTVG

Buscar

Xapón retoma a caza comercial de baleas despois de décadas de moratoria

Publicado o 01/07/2019 08:25

Xapón retoma este luns a caza comercial de baleas despois de décadas de moratoria. Os primeiros barcos baleeiros saíron do porto de Kushiro, no norte do país, para cazar o cupo de 227 cetáceos establecido polas autoridades de Toquio, que se xustifican afirmando que o consumo de carne de balea forma parte da súa cultura. A decisión foi rexeitada por activistas medioambientais de varios países, que cualifican a caza de baleas de práctica cruel e obsoleta.

Noticias web

01/07/2019