Xaneiro de moitos contrastes na provincia de Ourense
Publicado o 29/01/2021 19:55
18 graos de máxima houbo hoxe en Ourense.
En Leiro chegaron aos 20 graos, o mesmo acadaron onte Verín.
Esta temperatura , por riba da media, contrasta coas mínimas acadadas na provincia a primeira semana do mes con grandes xeadas e ata trece graos negativos en Calvos de Randín.
Mínimas e máximas que oscilan neste xaneiro na provincia de Ourense máis de 30 graos.
Os expertos están a estudar se as nevaradas históricas deste mes e o tren de borrascas se debe tamén ao cambio climático. Da suba da temperatura non teñen dúbida, e seguirán subindo, advirten preocupados.