CRTVG

Buscar

Xabier Domínguez: "En Sogama rexistramos un aumento do 5% dos residuos"

Publicado o 08/04/2020 10:55

O coronavirus cambiounos tanto a vida que ata modificou os nosos residuos, o lixo que tiramos. En Sogama constatan un aumento dos residuos sólidos. O que agardaban era que, como pecharon os restaurantes, as tendas, as escolas..., os residuos se reducisen. Porén, desde a planta de tratamento de Cerceda están comprobando que os residuos sólidos están aumentando.

Xabier Domínguez Lino é o presidente executivo de Sogama: "O mes de marzo, comparado co marzo do 2019, tivemos un incremento de residuos totais dun 5%. É dicir, pasamos dunha entrada de 63.000 toneladas a máis de 67.000 este ano. O que nos gusta é comprobar o aumento que tivemos na bolsa amarela, que é a de envases, briks e plásticos. Nestes residuos tivemos un incremento dun 25%".

Noticias web

08/04/2020