Xa son cinco as dimisións na executiva do PSdeG
A tensión interna no seo do PSdeG vai a máis ás portas do Congreso do partido. Hoxe soubemos de dúas novas dimisións na executiva galega, a da concelleira de Ourense, Concha García Lozano e a que fora alcaldesa de Sarria, Pilar López, no seu día afíns a Gonzalo Caballero. Mentres, arrecian as críticas no seo da formación, tras das acusacións por parte do número dous dos socialistas de manobras internas contra Gonzalo Caballero.
O secretario xeral dos socialistas galegos mantén a súa axenda alleo á guerra interna aberta no seu do seu partido. A polémica desatouse tras dun artigo do seu número dous no que acusa compañeiros coma o Presidente Provincial da Coruña, Valentín González Formoso ou o exsecretario xeral, Jose Ramón Gómez Besteiro de manobrar contra Gonzalo Caballero. As acusacións de José Antonio Quiroga deron pé a unha cascada de declaracións públicas, principalmente a través das redes, de cargos e militantes dunha e outra parte. O delegado do Goberno di que se trata dunhas declaracións desafortunadas.
Desde a organización provincial da Coruña acusan á executiva galega de facer oposicón dentro do partido. E din que son as urnas as que deciden o futuro dos políticos.
O PSdeG está ás portas da celebración do seu Congreso no que se deberá elixir secretario xeral. Aínda non hai unha data fixada pero todo apunta a que terá lugar antes de que remate o ano.