CRTVG

Buscar

Xa son 5,2 millóns os contaxiados globais polo coronavirus e máis de 337 mil mortos

Publicado o 24/05/2020 22:43


Os casos globais de contaxiados por coronavirus ascenden a 5,2 millóns de persoas, mentres que os falecidos son 337.736, conforme os datos da Organización Mundial da Saúde. A pandemia segue a súa expansión no mundo despois de que Asia e logo Europa comezaran a poñer baixo control ao virus. Nas últimas 24 horas contabilizáronse 110.000 casos máis.

América rexistra 3.3 millóns de contaxios, 1.6 millóns deles nos Estados Unidos que rexistrou máis dun millar de mortes, mentres que a situación é estable en Europa. A curva segue unha tendencia alarmante no Brasil con case 350.000 casos e 22.000 falecidos.


 

Noticias web

24/05/2020