CRTVG

Buscar

Xa son 100 os concellos galegos libres de covid e a incidencia está por baixo da media estatal

Publicado o 14/09/2021 14:53

Xa son 100 os concellos galegos libres de covid, por non ter casos novos nos últimos días. As incidencias en Galicia por baixo da media estatal, e caen máis rápido entre os mozos cos que se cebou a quinta onda. 

"Especialmemte no grupo de poboación non vacinada e que se vacinou no verán o impacto da redución é moi, moi importante", explican desde o comité clínico.

Unha melloría que vai permitir deixar coas restricións mínimas 308 dos 313 concellos, e que anima o comité clínico a flexibilizar o ocio controlado, para frear tamén o impacto das reunións de mozos nas cidades universitarias. 

Pilar Farjas, membro do comité clínico: "Supón unha afluencia de xente nova nas cidades que pode ter un impacto. Por iso é o momento de reconducir as actividades de ocio cara ao ocio legal".

Horarios máis amplos, máis ocupación e máis actividade de ocio e cultural é o que se espera do comité clínico deste martes. Coa vista posta na mellor medida contra a covid: a vacinación masiva. "Nunca insistiremos bastante na importancia de vacinarse", din desde o comite de expertos.

Agora mesmo Galicia está a cinco puntos do novo horizonte da inmunidaden de rabaño. O 85 % da poboación xeral.

Noticias web

14/09/2021