CRTVG

Buscar

Xa se vacinaron contra a gripe máis de medio millón de persoas en Galicia

Publicado o 01/12/2019 20:59

Levamos mes e medio de campaña de vacinación fronte á gripe e as cifras de persoas maiores que pasaron polas consultas para se vacinar supera a do ano pasado.
Con todo, o SERGAS insiste na importancia de que os grupos de risco se protexan fronte a este virus, e recórdalle á poboación que pode facelo ata o día 27.
De momento os maiores de 75 anos foron os que máis acudiron para vacinarse, xunto co grupo de máis de 65 e o de mulleres embarazadas.
O persoal sanitario vacinado, que é outro colectivo prioritario, xa supera tamén o total dos do ano pasado.

Noticias web

01/12/2019