CRTVG

Buscar

Xa se poden consultar as notas da ABAU: aprobaron máis do 93 % dos presentados

Publicado o 17/06/2021 21:50

• Consulta aquí a túa nota

EP

Máis do 93 por cento dos alumnos que participaron na parte obrigatoria da selectividade na comunidade autónoma galega lograron superar as probas. A Comisión Interuniversitaria de Galicia facilitou a última hora deste xoves as primeiras cifras de alumnos aprobados e presentados na ABAU, con motivo da publicación da listaxe de aptos da convocatoria.

Do total de 13.261 alumnos matriculados aos exames en Galicia celebrados a pasada semana, finalmente presentáronse 13.115 tanto á parte obrigatoria como á voluntaria, o 98,9 por cento. Deles, uns 11.112 fixérono na parte obrigatoria, e aprobaron 10.359, o 93,22 por cento.

Esta cifra mellora o resultado do pasado ano, a primeira convocatoria da pandemia, que estivo marcada polo confinamento domiciliario durante o curso. Ese ano rexistrouse preto dun 88 por cento de aprobados entre os alumnos que realizaron a parte obrigatoria.

Nesta ocasión, a publicación das notas experimentou un leve atraso debido a un problema na entrega dun dos correctores e dunha das materias máis numerosas, como foi Lingua Castelá. Por iso, a CIUG pediu desculpas polo atraso, que xustificou na necesidade de ser "garantistas" na carga de datos e o cálculo de medias para evitar posibles erros.

Noticias web

17/06/2021