CRTVG

Buscar

Xa se pode pedir cita para facer a declaración da renda por teléfono

Publicado o 04/05/2021 18:06

O ano pasado tramitáronse en toda España máis dun millón de declaracións mediante o sistema telefónico, que tamén se reforza este ano. Xa se pode chamar para concertar cita, e a partir do xoves os técnicos de Facenda comezarán a chamar os usuarios. Este sistema permite que as persoas menos familiarizadas coas novas tecnoloxías poidan recibir asistencia personalizada sen necesidade de acudir ás oficinas. Con todo, os que prefiran ir en persoa, poderán solicitar cita a partir do 27 de maio.

No que vai da campaña da renda xa se presentaron máis de seis millóns de declaracións, case cinco millóns con solicitude de devolución. E a Axencia Tributaria xa devolveu preto de 2.300 millóns de euros.