Xa se pode ir á praia cun xantar estrela Michelin
Publicado o 20/07/2020 14:58
Era ese momento de cargar o coche para ir á praia. Parasoles, toallas e a comida. Xantares e merendas que forman parte feliz da nosa memoria. Na casa da chef Lucía Freitas era seu pai quen se encargaba.
En pleno confinamento, Lucía Freitas abriu o servizo pop-up delivery que lle permitiu cociñar para que os clientes levasen os seus pratos á casa. Agora tamén os poden levar á praia.
Un menú de praia listo para levar, nunha bolsa deseñada polo ilustrador Fran Muñiz. Ideas con estrela