CRTVG

Buscar

Xa se pode facer un paseo pola arte da man do cómic desde hoxe na Coruña

Publicado o 31/07/2019 16:17

Dende hoxe podemos visitar na Coruña unha mostra que leva o cómic ata a rúa,
convertendo así a dársena nunha sala de exposicións ao aire libre, no marco da programación do Salón Internacional Viñetas dende o Altántico.

A mostra é unha aproximación á arte da banda deseñada. Nela participan once autores de recoñecida traxectoria que, cunha linguaxe propia, nos convidan a pasear pola arte clásica e contemporánea a través de figuras como Velázquez, Buñuel ou Picasso, entre outros.

Noticias web

31/07/2019