CRTVG

Buscar

Xa se pode consumir dentro dos bares nos concellos de menos de 10.001 habitantes

Publicado o 23/05/2020 14:16

Dous meses e nove días despois, esta cafetería de Allariz volveu abrir as portas aos seus clientes ao pouco de saír publicado no BOE que dende onte está permitido consumir no interior dos locais de hostalaría e restauración nos concellos de menos de 10.001 habitantes.

Nestoutro bar a súa propietaria, por seguridade, mesmo reduciu o aforo a menos do 40 por cento, o obrigatorio, e é meticulosa coas medidas de hixiene e prevención.

Pero de momento a afluencia non é moita dentro das cafeterías.

Pero tampouco se animan moito a dar o paso os que si saben que dende onte se pode consumir no local.

Con todo, a maioría celebran que pouco a pouco poidan retomar algún dos seus costumes.

Beber e comer dentro si, pero a dous metros de distancia, na barra non, só nas mesas e sen elementos coma cartas, aceiteiras ou servilleteiros de uso común.

Noticias web

23/05/2020