CRTVG

Buscar

Os datos fiscais de 2020 xa están dispoñibles para consultar, previo ao inicio da campaña da renda

Publicado o 25/03/2021 08:34

Practicamente todos os contribuíntes que se acolleron a un ERTE durante o ano pasado van ter que presentar a declaración da Renda neste 2021. Segundo a normativa, se non se superan os 22.000 euros brutos anuais de rendementos do traballo non é obrigatorio cando se ten un só pagador. Neste caso, todos estes contribuíntes van ter dous pagadores e aquí o límite baixa aos 14.000 euros.

Facenda calcula que máis de 300.000 persoas que non fixeron a declaración o ano pasado deberán de presentala neste exercicio só por este motivo. Tamén os perceptores do Ingreso Mínimo Vital que entrou en vigor no 2020 teñen a obriga de facer a declaración. 

Dende hoxe poden consultarse os datos fiscais co número de referencia que che facilitan na web ou na aplicación da Axencia Tributaria. O prazo de presentacións telemático comezará o 7 de abril, telefónico o 4 de maio e presencial o vindeiro 2 de xuño.

Noticias web

25/03/2021