CRTVG

Buscar

Xa hai reservas nos restaurantes para celebrar as comuñóns este mes de maio

Publicado o 07/05/2021 21:31

Volven os banquetes aos restaurantes con máis capacidade. As primeiras reservas son para celebrar as comuñóns.

Coas limitacións da ocupación ao 50% no interior e con catro persoas por mesa, os locais adaptan os seus espazos para acoller as reservas suspendidas o ano pasado.

Tardan en pechar o numero de convidados e piden, sobre todo, que o banquete sexa no exterior.
A covid mudou tamén toda a organización dos eventos.

Empresas organizadoras de eventos e os locais de hostalería viron como o ano pasado lles cancelaban todos os convites. Agora comezan co a temporada das primeiras comuñóns onde as medidas de seguridade seguirán marcando as celebracións.