CRTVG

Buscar

Xa hai rebaixas no comercio galego

Publicado o 03/01/2021 14:44

Na rúa máis comercial de Vigo conviven os buscadores de gangas cos que apuran as compras para os Reis Magos. Circúlase con fluídez e os máis avezados saen con bos descontos sobre todo en roupa e complementos.

Malia os grandes carteis e rótulos rechamantes hai persoas que aínda non se decataron de que estamos en rebaixas.

Os descontos poden chegar ata o 50% ou o 70%, porén, a gran maioría de consumidores sobre todo os maiores teñen interiorizado o día sete como o gran comezo dos saldos co cambio de escaparates dos grandes almacéns e o comezo da campaña nos establecementos de Inditex.
 

Noticias web

03/01/2021