Xa hai data para o acendido das luces do Nadal en Vigo, esta vez con límite de público
Publicado o 08/10/2020 09:11
Xa hai data para o acendido das luces de Nadal de Vigo. Será a finais de novembro, pero este ano, con capacidade limitada e cadeiras.
E comezan tamén os preparativos na cidade; por exemplo, coa instalación da caixa de regalo: 17 metros de altura e dez de ancho. Así mesmo, peonalizaranse máis rúas que noutras ocasións.
Por outra banda, a empresa encargada da instalación das luces xa comezaba coa montaxe en diferentes rúas da cidade no mes de agosto. E é que serán máis de 300 rúas.