CRTVG

Buscar

Xa están preparados os arqueiros para cazar os xabarís que entren nas zonas urbanas de Lugo

Publicado o 14/02/2019 17:42

Xa están preparados os arqueiros profesionais para cazar os xabarís que entren pola noite nas zonas urbanas de Lugo. É a primeira cidade en comezar co protocolo de control destes animais promovido pola Xunta.

Os expertos din que este é o momento ideal para cazar os xabarís porque as femias están a piques de parir. Cando nazan as crías, os animais pódense volver moi agresivos e causar danos ás persoas. Por iso, os especialistas piden que non se lles dea de comer e que non se facilite a súa presenza no ámbito urbano, que non é o seu hábitat natural. Ademais de accidentes e agresións, os xabarís poden ser foco de enfermidades como a tuberculose. É moi importante non darlles de comer para que non se sintan cómodos no ámbito urbano, onde só traerían problemas.

A Federación de Caza de Lugo conta con campións de España de caza con arco polo que o éxito semella garantido.












 

Noticias web

14/02/2019