Xa están no Carballiño 19 anciáns da residencia intervida na Fonsagrada
Publicado o 15/04/2020 16:16
E comezaron os traslados ao Carballiño dos maiores que residían nas vivendas comunitarias clausuradas pola Xunta e que incumprían as condicións de habitabilidade para os usuarios.
Eses traslados comezaron onte, e xa pasaron aquí a noite dezanove deses anciáns. Vivirán a partir de agora nesta residencia pública de maiores do Carballiño. Tres permanecen ingresados no Hospital Lucus Augusti de Lugo, mentres que outros vivirán noutras residencias, segundo decidiron as súas familias.
Lembramos que a Xunta pechou as vivendas comunitarias en que residían na localidade da Pobra de Burón, na Fonsagrada, tras unha denuncia anónima sobre as condicións nas que se atopaban os anciáns.