CRTVG

Buscar

Xa está no mar a patrulleira Punta Seixo Branco

Publicado o 02/03/2021 12:41

Galicia xa conta cunha nova patrulleira para loitar, especialmente, contra o furtivismo. A Punta Seixo Branco ten 17 metros de eslora e a súa base estará no porto da Coruña. Con só un metro de calado, pode achegarse fácilmente ás zonas onde actúan os mariscadores furtivos.

Tamén está pensada para o rescate de persoas e para combater a contaminación marina. A Conselleira do Mar sinalou que se levan investidos máis de tres millóns e medio de euros en potenciar a frota galega de gardacostas no último ano e que haberá novos investimentos. 

"E agora temos xa en construción unha nova embarcación multipropósito que substituirá a Paio Gómez Chariño, que se chamará Mar de Galicia e cun contrato de máis de seis millóns e medio de euros. Tamén reforzamos todo o servizo de vehículos do propio servizo de gardacostas", dixo Rosa Quintana.

 

Noticias web

02/03/2021