CRTVG

Buscar

Xa está en marcha a campaña da vieira na ría de Pontevedra

Publicado o 03/01/2020 21:30
Xa está en marcha a campaña da vieira na ría de Pontevedra

A vieira da ría de Pontevedra está de regreso. Foi o marisco estrela da lonxa de Bueu, pero as toxinas impediron a súa extracción durante case dúas décadas. Duns poucos anos a esta parte, a confraría de Bueu volveu apostar por esta especie.
De momento, participan 5 embarcacións con base no porto de Bueu, pero é probable que se sume algunha máis. O cupo diario máximo está fixado en 1.500 kg, repartido nuns 300 por barco. Unha empresa de Cambados, que ten un acordo co pósito, encárgase da depuración, o eviscerado e a comercialización dun produto que está entre o favorito dos consumidores.
Logo duns meses moi complicados no mar por mor dos temporais que lles impediron saír apañar, a frota volve ao traballo neste respiro meteorolóxico e, en parte, na campaña da vieira.

Noticias web

03/01/2020