CRTVG

Buscar

Xa está aberta en Portugal a ponte colgante máis longa do mundo

Publicado o 21/05/2021 15:28

A ponte colgate máis longa do mundo está en Portugal. Chámase 516 Arouca e despois de varios adiamentos na súa apertura xa se pode pasear por ela. Está recibindo arredor de 200 visitas ao día mesmo con chuvia e con pandemia. Unha experiencia única de altura no norte de Portugal a pouco máis de dúas horas da fronteira con Galicia.

Mide 516 metros e está en Arouca, a 125 quilómetros de Verín e de Tui. Un orgullo para a comarca. Arouca xa é ben coñecido polos seus famosos Passadiços do Paiva, que se poden ver dende o alto da ponte colgante. Por 12 euros pódense visitar os dous. A ponte colgante máis grande do mundo só apta para o que teñen unha vertixe pequena.

Noticias web

21/05/2021