Xa é posible pagar 'pola cara' en comercios
Dúas cafeterías de Barcelona ensaian por primeira vez ven España o pagamento 'pola cara'. Só hai que achegarse a un terminal onde se procesa a imaxe do cliente e se acepta a transacción premendo sobre a pantalla.
O pagamento 'pola cara' esixe baixar ao móbil unha aplicación, facer unha fotografía e vinculala á tarxeta bancaria. Feito isto, basta achegar a cara ao terminal de pagamento, unha tableta, e aceptar a operación. Non fai falla nin tarxeta nin móbil.
Silvana Churruca, directora de Payment Innovation Hub, afirma que "é o sistema máis seguro que hai".
Un establecemento de Barcelona é o primeiro de España que permite que un cliente poida pagar pola cara. Será durante dous meses, o tempo que vai durar a proba piloto. Algún banco xa ten o sistema en marcha nas súas sedes corporativas, pero non a nivel comercial. Os expertos din que aumenta a seguridade porque, entre outras cousas, un contrasinal ou un PIN pódencho roubar, pero a cara non.
Silvana Churruca explica que "o que se garda non é a cara, senon as medidas que representan faccións dunha persoa, pero estes datos encríptanse. Se unha persoa hackea e obtén eses datos, dificilmente pode codificalos".
Xa hai caixeiros automáticos que permiten sacar diñeiro pola cara, pero o cliente ten que asinar previamente o seu consentimento. O país que ten máis estendido o recoñecemento facial é A China.