CRTVG

Buscar

WhatsApp, Facebook e Instagram sofren unha caída a nivel mundial

Publicado o 04/10/2021 23:54
WhatsApp, Facebook e Instagram sofren unha caída a nivel mundial
EFE

Os servizos de Facebook e as aplicacións da súa propiedade (Instagram, WhatsApp e Messenger) sufriron este luns caídas xeneralizadas en varias partes do mundo, segundo denunciaron os propios usuarios a través do portal Downdetector.

Decenas de miles de internautas en Estados Unidos, México, Francia, Romanía, Noruega, Xeorxia, Grecia e outros países acudiron ao popular portal para informar de que non podían acceder aos servizos.

No caso concreto da popular aplicación de mensaxería instantánea WhatsApp, cando os usuarios envían mensaxes, aparécelles a mensaxe "conectando" e a icona dun reloxo, pero o contido non chega a enviarse ao seu destinatario.

Noticias web

04/10/2021