CRTVG

Buscar

Washington acusa a Rusia e Irán de inxerencia nas eleccións de novembro

Publicado o 16/03/2021 21:09
Washington acusa a Rusia e Irán de inxerencia nas eleccións de novembro

As axencias de intelixencia estadounidenses acusaron este martes a Rusia e Irán de intentaren interferir nas eleccións presidenciais de novembro de 2020 e revelaron que Cuba, Venezuela e a milicia xiíta libanesa Hizbulá tamén trataron de influír no proceso, aínda que o seu efecto foi máis limitado. Nun informe de 15 páxinas, todas as axencias de intelixencia, incluída a CIA e a Axencia de Seguridade Nacional (NSA), tamén conclúen que o goberno chinés "non despregou esforzos de interferencia" porque cría que o risco de interferir e ser descuberto era maior que calquera beneficio. 

Noticias web

16/03/2021