CRTVG

Buscar

O Celta golea (0-5) o Llanera e avanza con paso firme na Copa

Publicado o 18/12/2020 11:33

 

 

Coudet comeza tamén con bo pé na Copa. A intensidade dos celeste reflectiuse no marcador e cun once ás partillas entre chavalada e titulares os celestes pecharon ao Llanera no seu campo e o primeiro gol chegou no límite do primeiro tempo. Marcou Lautaro. a xogada arranca en Denis Suárez que lle-la pon ao hoco a Carreira no carreiro dereito. Centro raso ao miolo e toque de balón de Lautaro ao que non pode chegar Paulino, o porteiro local.

Nolito entra por Denis Suárez no segundo tempo e o andaluz marca o cero a dous logo dunha xogada de transición fulminante do Celta na que tocan Brais Méndez, Carreira e Emre Mor para servir a Nolito no furado da defensa.

O turco Emre Mor marcaría o terceiro no minuto 6o de partido. Control feiticeiro de Mor para levarse o balón con el ata a área pequena e alí bater por baixo a Paulino. Xenial o futbolista otomano. Coudet aproveitou o marcador para seguir movendo o banco. Pisaron o Carlos Tartiere Hugo Mallo, Tapia e mesmo Aspas quen activou pronto a súa sociedade de auxilio mutuo con Nolito e provoca o cuarto do Celta. Carreira na banda e centro para nolito na boca de gol.

Baeza segue amargado cos postes e onte non fixo el o quinto dos celestes de miragre. Ao final sería Mallo, o que si acerta e se leva na estatística propia o cera a cinco a sete minutos do final. Balón á súa banda, controla dentro da área prepara o lanzamento a xeito entre dous defensas e marca. O Celta golea e segue adiante na Copa.

Noticias web

18/12/2020